jueves, 17 de marzo de 2016

NG. Hibisco NC: Rosa de Siria, Hibisco

Taxonomía:
·         División: Magnoliophyta
·         Clase: Magnoliopsida
·         Orden: Malvales
·         Familia: Malváceae
·         Xénero: Hibiscus
·         Especie: Hibiscus syriacus L.

Descrición: arbusto orixinario de Asia de ata 3 m de altura. Cortiza de cor gris claro. É a flor nacional de Corea do Sur.

Follas: especie de hibisco de folla caduca. Follas trilobuladas con pelos no envés.

Flores: de varias cores (brancas, violeta, rosáceas ) e de vida moi curta, sobre un día.
Floración: de primavera a outono.

Froitos: froito é unha cápsula rodeada de pelos amarelos.

Ecoloxía: resiste o frío e a salinidade das zonas costeiras.
Usos: cultívase como planta ornamental.

O hibisco e a literatura

Silvina Ocampo é unha escritora arxentina do s.XX que é coñecida sobre todo como narradora de ficción, pero que tamén escribiu poemas, como este soneto no que fai referencia ao hibisco.




Quiero morir si de mi vida no hallo
la meta del misterio que me guía,
quiero morir, volverme ciega y fría
como la planta que fulmina el rayo.

Si lo que ansío decir es lo que callo,
y si he de aborrecer lo que quería
sin asco y sin vergüenza hasta este día,
si todo lo que intento es mero ensayo,

será porque he vivido de mentiras.
Por no morir quiero morir. El viento
que suena entre los muros con sus liras

o el hibisco bermejo, o el fragmento
de la luna, siempre algo, hasta mi queja,
me deslumbra y me deja más perpleja.

NG: Adelfa, oleandro NC: Adelfa, rosa laurel, laurel de flor

Taxonomía:
·         División: Magnoliophyta
·         Clase: Magnoliopsida
·         Orden: Gentianales
·         Familia: Apocynaceae
·         Xénero: Nerium
·         Especie: Nerium oleander L.
·    Etimoloxía: do latín Neros=húmido e oleander de olea=oliveira pola semellanza das súas follas ao oliveira.

Descrición: arbusto de ata 6 m de altura de crecemento moi rápido.




Follas: perennes, estreitas, lanceoladas, cos nervios moi marcados e en verticilos de 3 ou 4.

Flores:  en inflorescencias máis ou menos avermelladas.
Floración: na primavera.


Froitos/sementes: froito afusado con sementes cónicas pilosas.



Ecoloxía: cerca de cursos de auga.


Usos: en medicina.
OLLO, todas as partes da planta son moi velenosas.

A adelfa e a literatura

Federico García Lorca é un gran poeta e dramaturgo español pertencente á Generación del 27 que escribiu un poema sobre esta planta.


Me miré en tus ojos 

pensando en tu alma. 

Adelfa blanca. 

Me miré en tus ojos 
pensando en tu boca. 

Adelfa roja. 

Me miré en tus ojos. 
¡Pero estabas muerta! 

Adelfa negra.






NG: Pitosporo NC: Pitosporo, azahar de la China

Taxonomía:
·         División: Magnoliophyta
·         Clase: Magnoliopsida
·         Orden: Rosales
·         Familia: Pittosporaceae
·         Xénero: Pittosporum
·         Especie: Pittosporum tabira Thunb.
·        Etimoloxía: do grego “pitosporum” semente pegañenta, e tobira=nome da planta no Xapón

Descrición: arbusto de ata 7 m de alto. Orixinaria do este de Asia.


Follas: perennes, agrupadas nos extremos das ramas, co ápice redondeado, lampiñas, lisas, verdes, co nervio central  marcado como unha raia amarela.

Flores:  en inflorescencias, olor a azahar. De cor branca e forma estrelada.

Froitos/sementes: froito en cápsula con sementes pardo-laranxas rodeadas dunha substancia resinosa.






Ecoloxía: non soportan ben os fríos. Gusta do sol.

Usos: ornamental, moi común nas cidades pois aguanta moi ben a contaminación.

O azahar e a súa relación coa literatura

A palabra azahar fainos pensar no inicio dun dos poemas máis fermosos e coñecidos do poeta nicaragüense Rubén Darío, dedicado a unha nena chamada Margarita Debayle. O poema comeza así:



Margarita, está linda la mar,
y el viento
lleva esencia sutil de azahar;
yo siento
en el alma una alondra cantar:
tu acento.
Margarita, te voy a contar
un cuento.




NG: Carballo americano NC: Roble americano, roble rojo

Taxonomía:
·         División: Magnoliophyta
·         Clase: Magnoliopsida
·         Orden: Fagales
·         Familia: Fagaceae
·         Xénero: Quercus
·         Especie: Quercus rubra L., sin: Quercus borealis
·       Etimoloxía: do latín Quercus=carballo e Rubra=vermello

Descrición: árbore de tronco recto, macizo e corto que pode acadar os 25 m de altura. Cortiza lisa e gris. Orixinario do leste de Norteamérica.

Follas: caducifolio. Follas de ata 25 cm, con lóbulos ben marcados que rematan en picos agudos. Glabras polo face e con algúns pelillos polo envés. No outono toman unha cor avermellada  o que fai alusión o seu nome científico.











Flores: árbore monoica (ambos sexos na mesma árbore). Inflorescencias masculinas colgantes e cilíndricas de cor amarelas (amentos). As femininas agrupadas en parellas, moi pequenas (2 mm) de cor vermello. Polinización anemógama.
Floración: na primavera.

Froitos/sementes: as landras tardan dous anos en madurar.


Usos: carpintería e ebanistería. Ornamental.

NG: Carballo NC: Roble común

Taxonomía:
·         División: Magnoliophyta
·         Clase: Magnoliopsida
·         Orden: Fagales
·         Familia: Fagaceae
·         Xénero: Quercus
·         Especie: Quercus robur L.
·         Etimoloxía: do latín Robur= roble


Descrición: árbore de gran porte que pode acadar os 40 m de altura. Cortiza pardo-grisácea máis ou menos agretada según a idade. Pode acadar ata mil anos de idade. E moi frecuente a aparición de distintos tipos de bugallos nas súas follas.

Bugallos
Bugallos








Follas: caducas, con lóbulos pouco profundos e redondeados, verde escuro polo face e máis claro polo envés. Peciolo curto.


Inflorescencias masculinas
Flores: árbore monoica (ambos sexos na mesma árbore) as masculinas en inflorescencias cilíndricas colgantes de cor verde-amarelo (amentos). Flores femininas solitarias, agrupadas en grupos de dous ou tres sobre un longo pedúnculo. Polinización anemógama.
Floración: na primavera.

Froitos/sementes: as landras maduran en setembro.







Ecoloxía: gusta de terreos silíceos, húmidos. Foi unha das especies máis afectadas pola presión humana, debido á riqueza dos chans en que se desenvolve. Moitas carballeiras foron substituídos por prados, hortas e repoboacións de castiñeiros, piñeiros e eucaliptos.


Usos: a madeira é de boa calidade, moi dura, pesada, resistente á humidade, empregada en carpintería e ebanistería, usouse para a construción de barcos, motivo ligado á degradación dos bosques do carballo . A leña e o carbón son combustibles de alto contido calorífico. Utilízase moito como ornamental.


O carballo na literatura

A gran poeta e narradora galega Rosalía de Castro escribiu en castelán un poema que fala sobre esta árbore.



Bajo el hacha implacable, ¡cuán presto 
en tierra cayeron 
encinas y robles!; 
y a los rayos del alba risueña, 
¡qué calva aparece 
la cima del monte! 

Los que ayer fueron bosques y selvas 
de agreste espesura, 
donde envueltas en dulce misterio 
al rayar el día 
flotaban las brumas, 
y brotaba la fuente serena 
entre flores y musgos oculta, 
hoy son áridas lomas que ostentan 
deformes y negras 
sus hondas cisuras. 

Ya no entonan en ellas los pájaros 
sus canciones de amor, ni se juntan 
cuando mayo alborea en la fronda 
que quedó de sus robles desnuda. 
Sólo el viento al pasar trae el eco 
del cuervo que grazna, 
del lobo que aúlla.







miércoles, 16 de marzo de 2016

NG: Loureiro NC: Laurel

Taxonomía:
·         División: Magnoliophyta
·         Clase: Magnoliopsida
·         Orden: Laurales
·         Familia: Lauraceae
·         Xénero: Laurus
·         Especie: Laurus nobilis  L.
·        Etimoloxía: do latín laurus= nome da árbore. Nobilis=coñecido, pola súa popularidade e uso tradicional

   Descrición: árbores de tronco recto e cortiza gris, pequeno tamaño, probablemente orixinaria do Mediterráneo. Na illa de Cortegada (Ría de Arousa) existe o único bosque de loureiro de Europa.





Follas: follas perennes, simples, de borde enteiro, de cor verde escura, alternas, lanceoladas, coriáceas e aromáticas.






Flores: dioico (árbores con flores masculinas e árbores con flores femininas). Flores en inflorescencias (umbelas) de cor amarelento.






Floración: entre Abril e Maio. Polinización entomógama.

Froitos/sementes: froito e baia de cor negra con unha única semente que madura no outono.
Froitos










Usos: cociña. Medicinal. A madeira é moi dura e úsase en marquetería.
OLLO: non confundir co Laurel-cerezo (Prunus laurocerasus) moi tóxico. Os estudantes da antigüidade recibían unha rama de loureiro con froitos de ahí deriva o nome de Bacharelato; bacca= baia, laureatus= loureiro.


O loureiro na literatura

Garcilaso de la Vega, gran poeta español do s. XVI, escribiu este soneto, que fai referencia ao mito de Apolo e Dafne: Apolo persegue a Dafne, unha ninfa namorada da natureza e das árbores e que escapa del. Cando a alcanza, ela pídelles axuda aos deuses e estes convértena en loureiro para que non fose atrapada por Apolo. A transformación de Dafne nesta árbore apréciase nos dous primeiros cuartetos: primeiro a parte humana envolve á árbore; despois a árbore envolve á parte humana.



A Dafne ya los brazos le crecían,
y en luengos ramos vueltos se mostraban;
en verdes hojas vi que se tornaban
los cabellos que al oro escurecían.

De áspera corteza se cubrían,
los tiernos miembros, que aun bullendo estaban;
los blancos pies en tierra se hincaban,
y en torcidas raíces se volvían.

Aquel que fue la causa de tal daño,
a fuerza de llorar, crecer hacía
el árbol que con lagrimas regaba.

¡Oh miserable estado, oh mal tamaño!
¡Que con lloralla crezca cada día

la causa y la razón por que lloraba!