Taxonomía:
·
División: Magnoliophyta
·
Clase: Magnoliopsida
·
Orden: Rosales
·
Familia: Pittosporaceae
·
Xénero: Pittosporum
·
Especie: Pittosporum tabira Thunb.
· Etimoloxía: do grego “pitosporum” semente
pegañenta, e tobira=nome da planta no Xapón
Follas: perennes, agrupadas nos extremos das ramas,
co ápice redondeado, lampiñas, lisas, verdes, co nervio central marcado como unha raia amarela.
Froitos/sementes: froito en cápsula con sementes pardo-laranxas
rodeadas dunha substancia resinosa.
Ecoloxía: non soportan ben os fríos. Gusta do sol.
O azahar e a súa relación coa literatura
A palabra azahar fainos pensar no inicio dun dos poemas máis fermosos e coñecidos do poeta nicaragüense Rubén Darío, dedicado a unha nena chamada Margarita Debayle. O poema comeza así:
Margarita, está linda la mar,
y el viento
lleva esencia sutil de azahar;
yo siento
en el alma una alondra cantar:
tu acento.
Margarita, te voy a contar
un cuento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario