miércoles, 16 de marzo de 2016

NG: Magnolio NC: Magnolio

Taxonomía:
·         División: Magnoliophyta
·         Clase: Magnoliopsida
·         Orden: Magnoliales
·         Familia: Magnoliaceae
·         Xénero: Magnolia
·         Especie: Magnolia grandiflora L.
·        Etimoloxía: de Piere Magnol, botánico

Descrición: árbore de lento crecemento que pode acadar os 35 m, cortiza lisa de cor gris escura. Orixinaria do sudeste de Norteamérica. Existen numerosas variedades.

Follas: perennes, alternas, simples, duras, coriáceas, de ata 20 cm de lonxitude. De cor verde polo face e ferro oxidado polo envés. Peciolo groso con pilosidade avermellada.






Flores: primitivas, moi grandes, poden acadar os 30 cm, olorosas, de cor branca.






Floración: finais da primavera. As flores son de pouca duración.





Froitos/sementes: froito cónico, grande. As sementes son de cor vermello.







Ecoloxía: non soportan ben as xeadas ni os chans moi húmidos.Tampouco a insolación excesiva.

Usos: ornamental. Ebanistería.

O magnolio na literatura

José Santos Chocano é un autor sudamericano coñecido pola súa poesía épica de ton grandilocuente, moi sonora e chea de colorido. Nas súas obras o tema adoitaba ser a paisaxe e as xentes do seu país. Escribiu un poema dedicado a esta árbore.


En el bosque, de aromas y de músicas lleno, 
la magnolia florece delicada y ligera,
 
cual vellón que en las zarpas enredado estuviera,
 
o cual copo de espuma sobre lago sereno.
Es un ánfora digna de un artífice heleno, 
un marmóreo prodigio de la Clásica Era:
 
y destaca su fina redondez a manera
 
de una dama que luce descotado su seno.
No se sabe si es perla, ni se sabe si es llanto. 
Hay entre ella y la luna cierta historia de encanto,
 
en la que una paloma pierde acaso la vida:

porque es pura y es blanca y es graciosa y es leve, 
como un rayo de luna que se cuaja en la nieve,
 
o como una paloma que se queda dormida.



NG: Freixo NC: Fresno

Taxonomía:
·         División: Magnoliophyta
·         Clase: Magnoliópsida
·         Orden: Lamiales
·         Familia: Oleaceae
·         Xénero: Fraxinus
·        Especie: Fraxinus sp. L.


Descrición: tronco recto. Pode acadar os 40 m de altura.


Follas: caducifolio. Follas opostas, formadas por 9-13 foliolos lanceolados. Verde escuro polo face e máis claro polo envés.








Flores

Flores: diocio (sexos en exemplares separados) en acios.

Floración: en primavera, antes da saída das follas.

Froitos/sementes: sementes con ás (sámara), de cor pardo.
Froitos






Ecoloxía: non tolera os climas secos e cálidos. Prefire chans húmidos.


Usos: carpintería, ebanistería. Bo combustible.

O freixo na literatua


Luís de Góngora foi un dos máis importantes autores da literatura en lingua castelá durante o chamado Século de Ouro (s. XVI-XVII). Na súa obra "Soledad primera" hai unha estrofa dedicada a esta árbore.


No pues de aquella sierra, engendradora
más de fierezas que de cortesía,
la gente parecía
que hospedó al forastero
con pecho igual de aquel candor primero
que, en las selvas contento,
tienda el fresno le dio, el robre alimento. 



NG: Camelio NC: Camelia

Taxonomía:
·       División: Magnoliophyta
·       Clase:  Magnoliopsida
·       Orden: Ericales
·       Familia: Theácea
·      Xénero: Camellia
·      Especie: Camellia japonica L.
·     Etimoloxía: de Josef Camel, botánico

Descrición: árbore ou arbusto de pequeno tamaño. Moi ramificado, nativo de Xapón, introducido en Europa polos Xesuitas. Existen numerosas variedades.

Follas: perennes, coriáceas, de cor verde escura terminadas en punta de peciolo pequeno.

Flores: grandes, rosas ou brancas. Non son olorosas. Hermafroditas.






Floración: outono, inverno.

Sementes
Froitos/sementes: o froito é unha cápsula leñosa marrón con tres cavidades.

Usos: ornamental. O aceite das súas sementes utilízase como acondicionador, para cociñar e os xaponeses usábanno para tinxir os seus cabelos.

O camelio na literatura

Amy Lowell (1874-1925) foi unha poeta e crítica estadounidense de gran personalidade que consideraba a poesía como o seu "medio natural de expresarse". Velaquí un fragmento dun dos seus poemas, dedicado ao camelio de Matsué, cidade xaponesa que ten como emblema esta árbore.



En Matsué,
había un camelio de gran belleza
cuyas flores eran blancas como la cera
con motas y manchas de rosa coralino.
Por la noche,
cuando la luna se alzaba en el cielo,
el camelio abandonaba su lugar
junto a la entrada
y vagaba por el jardín,
arrastrando tras él sus raíces

como una cola de crujiente seda.




martes, 15 de marzo de 2016

NG: Bidueiro NC: Abedul

Taxonomía:
·         División: Magnoliophyta
·         Clase: Magnoliopsida
·         Orden: Fagales
·         Familia: Betulacea
·         Xénero: Betula
·        Especie: Betula sp.
·       Etimoloxía: do latín, betulla= abedul

Descrición: tronco recto, delgado de cor  branca, con cicatrices de cor negra.

Follas: caducifolios. Follas simples, alternas, ovais co borde irregularmente aserrado.

Flores: especie monoica. Flores pequenas, pouco chamativas e unisexuais, agrupadas en inflorescencias cilíndricas (amentos); as femininas de menor tamaño que as masculinas.
Inflorescencias femininas
Inflorescencias masculinas
  Floración: finais de inverno/primavera, antes de que salgan as follas.

Froitos/sementes: moi pequenos, secos. Dispersión polo vento.

Ecoloxía: zonas húmidas, silíceas. No tolera a sombra. n soporta as talas agresivas.

Usos: ebanistería. Antigamente coa cortiza facíase papel.


O bidueiro na literatura


Robert Lee Frost é un poeta estadounidense considerado un dos fundadores da poesía moderna no seu país por expresar de maneira filosófica, sinxela e de gran profundidade sentimental a vida e as emocións do home rural de Nova Inglaterra. 



Cuando veo abedules oscilar a derecha
y a izquierda, ante una hilera de árboles más oscuros,
me complace pensar que un muchacho los mece.
Pero no es un muchacho quien los deja curvados,
sino las tempestades. A menudo hemos visto
los árboles cargados de hielo, en claros días
invernales, después de un aguacero.
Cuando sopla la brisa se les oye crujir,
se vuelven irisados cuando se resquebraja
su esmaltada corteza. Pronto el sol les arranca
sus conchas cristalinas, que mezcla con la nieve...








NG: Abeto douglas NC: Abeto Douglas, pino de Oregón

Taxonomía:
·         División: Pinophyta
·         Clase: Pinopsida
·         Orden: Pinales
·         Familia: Pináceae
·         Xénero: Pseudotsuga
·         Especie: Pseudotsuga menziesii (Merb)
·        Etimoloxía: de Archibal Menzies, naturalista.

Descrición: conífera de gran tamaño, (pode superar os 100 m na súa área de orixe) de tronco recto. Os exemplares xóvenes presentan ampollas resiníferas na cortiza. Cortiza con tons alaranxados e gretas profundas. Orixinaria do oeste de Norteamérica. É a segunda especie máis alta do mundo detrás da secuoia.

Follas: follas perennes, aciculares, pequenas (2-3 cm), verdes, que ao estruxalas desprenden un suave cheiro a cítrico.

Flores: árbore monoica de flores unisexuais.As influorescencias femininas (piñas) en conos duns 5-10 cm de lonxitude, teñen escamas en forma de lingua trífida. As masculinas moi pequenas, de 2-3 cm, de cor pardo-amarelo, soltan o polen na primaveira.
Floración: maio.

Ecoloxía: gusta de ambientes húmidos.Pouco tolerante a fríos intensos e elevadas temperaturas estivais. Prefire os chans de natureza silícea.

Usos: carpintería, ornamental.

NG:Choupo branco, álamo branco NC:álamo, álamo blanco, chopo

Taxonomía:


·      División Magnoliophyta
·      Clase Magnoliopsida
·      Orden Salicales
·      Familia Salicáceas
·      Xénero Populus.
·   Especie: Populus alba L, var. pyramidalis.


Etimoloxía de alba: do latín albus= albo, branco




Descrición: árbore de ata 25 m, de crecemento rápido, con tronco recto. Orixinaria do centro-sur de Europa.

Cortiza esbrancuxada con cicatrices negras, gretada e máis escura en exemplares vellos. 

A variedade “piramidal ou Boleana” é a que temos presente no IES As Barxas, ten a copa afusada.


Follas: caducas, alternas, pecioladas, de face verde e envés brancas e pilosas, coa marxe lisa ou dentado.


Porte afusado
Face cor verde, envés cor branco
Flores: especie dioica (exemplares masculinos e femininos), con flores agrupadas en inflorescencias cilíndricas (amentos), os masculinos alargados e colgantes, de 3 a 6 cm, avermelladas; os femininos máis longos e delgados de cor verdoso. Hibrída con moita facilidade.
Inflorescencia feminina
Inflorescencia masculina
Floración: previa á saída das follas, a finais do inverno. Polinización anemógama.

Froito: en cápsula, con sementes provistas de pelos esbrancuxados para facilitar a dispersión polo vento.
Soen cultivarse exemplares masculinos para evitar a abundante pelusa dos froitos.
Sementes. Dispersión polo vento

Ecoloxía: gusta de zonas húmidas e frescas.


Usos: xoguetes, mobles de interior, ebanistería. Mal combustible. Follas ricas en vitamina C, a cortiza interna seca e pulverizada úsase para elaborar pan. As súas follas reteñen po polo que se usan nas cidades para reducir a contaminación.

O choupo na literatura

Juan Ramón Jiménez, unha das voces poéticas máis salientables do século XX escribiu un poema dedicado a esta árbore.


Álamo blanco
Arriba canta el pájaro
y abajo canta el agua.
(Arriba y abajo,
se me abre el alma).

¡Entre dos melodías,
la columna de plata!
Hoja, pájaro, estrella;
baja flor, raíz, agua.
¡Entre dos conmociones,
la columna de plata!
(¡Y tú, tronco ideal,
entre mi alma y mi alma!)

Mece a la estrella el trino,
la onda a la flor baja.
(Abajo y arriba,
me tiembla el alma).